Miguel Ángel Álvarez Vázquez

Miguel Ángel Álvarez Vázquez

Miguel Ángel Álvarez Vázquez, PhD

Investigador Contratado. Área: Xeografía Física. Departamento: Historia, Arte e Xeografía.

Despacho: 2º Pabillón. Andar 1º. Local 11. Tfno.: 988 387 136 E-mail: mianalva@uvigo.es

Miguel Ángel Álvarez Vázquez (Ponteareas, 1981), é Licenciado en Ciencias Ambientais (Universidade de León, 2011); cursou os mestrados en Química Avanzada (Universidade de Vigo, 2012) e en Profesorado en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanza de Idiomas (Universidade de Vigo, 2013). Ten o título de Doutor pola Universidade de Vigo (Marine Science, Technology and management, Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar; 2017).

Investigador no grupo I+D Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio GEAAT (UVigo), e no Grupo de Innovación Docente en EducaAcción Patrimonial (UVigo). Colaborador no Grupo de Bioxeoquímica Mariña IIM-CSIC. Participou en diversos proxectos: Investigador Principal no proxecto ‘Estado do patrimonio xeomorfolóxico na contorna termal da cidade de Ourense’ INOU15-02 (Deputación Provincial de Ourense & UVigo, 2015). Colaborador no proxecto ‘Coastal contributions of trace elements during different oceanographic periods’ MEFIO, CTM2011-28792-C02 (MINECO, 2012- 2015), entre outros.

Autor de obras colectivas, artigos científicos en revistas indexadas e comunicacións a congresos, relativas a procesos de interrelación sociedade-natureza en base a trazadores xeoquímicos nos sistemas da interface terra-océano; alteracións de orixe natural e antropoxénica nos sistemas fluviais e estuarinos; e patrimonio natural e cultural relacionado cos ambientes fluviais. Publicacións destacadas:

Álvarez-Vázquez, M.A. et al. (2017) Contributions of trace elements to the sea by small uncontaminated rivers: effects of a water reservoir and a wastewater treatment plant. Chemosphere.

Álvarez-Vázquez, M.A., De Uña-Álvarez, E. (2017) Growth of sculpted forms in bedrock channels (Miño River, northwest Spain). Current Science.

Álvarez-Vázquez, M.A.; De Uña-Álvarez, E. (2016) Inventory and Assessment of Fluvial Potholes to Promote Geoheritage Sustainability (Miño River, NW Spain). Geoheritage.

Álvarez-Vázquez, M.A. et al. (2016) Natural and Anthropocene fluxes of trace elements in estuarine sediments of Galician Rias. Estuarine, Coastal and Shelf Science.

Álvarez-Vázquez, M.A. et al. (2016) Estado do pratimonio xeomorfolóxico no contorno termal da cidade de Ourense. In Rodríguez Vázquez, V.; Vila Sobrino, X.A. (Coords.) Proxectos INOU 2015, Investigación aplicada na provincia de Ourense. Universidade de Vigo.

Conta tamén con estadías en centros de investigación: State University of New York at Stony Brook, Department of Geosciences (2011); Instituto de Investigaciones Marinas -IIM-CSIC- Vigo, Grupo de Biogeoquímica Marina (2013); Instituto Português do Mar e da Atmosfera -IPMA- Lisboa (Portugal), Divisão de Oceanografia Ambiental e Bioprospecção -DivOA- (2014).

Profesor no Grao en Xeografía e Historia (Universidade de Vigo) nas materias: Fundamentos de Xeografía Física (2013-2015), Xeografía: Espazos e Sociedades (2013-2015), Xeografía Aplicada: Territorio e Paisaxe (2013-2015 e 2016-actualidade), Sistemas de Representación Xeográfica (2015- actualidade). Profesor convidado no Grao en Educación Primaria (Universidade de Vigo) na materia: Didáctica das Ciencias Experimentais I (2014-2015).