María M. Álvarez Lires

María M. Álvarez Lires

María M. Álvarez Lires

Licenciada en C. Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela, Doutora en Química pola Universidade de Vigo, Posgrao en Responsables para Formación en Coeducación pola Universidade de Barcelona,

Foi Catedrática de Física e Química de Ensino Secundario.

Foi Directora do Centro de Formación e Recursos de Pontevedra (Xunta de Galicia).

Actualmente é Profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra, codirectora do Grupo de Investigación CIES da UVIGO e vicepresidenta do Seminario Interdisiciplinario de Estudos de Xénero da UVIGO

Foi Coordinadora para Galicia do Programa TENET de Formación do Profesorado en Coeducación da Unión Europea. e Codirectora do Programa Interuniversitario de Doutoramento en Historia das Ciencias e das Técnicas (UVIGO e USC).

Imparte docencia en diversos master e posgraos de Políticas de Igualdade, de Saúde e de Formación do Profesorado de Secundaria.

Forma parte da Sección Ciencia, Natureza e Sociedade do Consello da Cultura Galega

Formou parte da Comisión de Educación e Promoción Científica da Unidade Muller e Ciencia de Galicia.

As súas liñas de investigación son: ciencia, tecnoloxía e xénero, formación do profesorado, didáctica e historia das ciencias; educación e xénero; mulleres e TIC, mulleres e poder; sustentabilidade e xénero.

Recibiu un Premio Nacional en Investigación-Innovación Educativa MEC-CIDE, dous Premios Educación e Sociedade MEC-CIDE e un de Innovación Educativa, Xunta de Galicia, sempre sobre a temática de xénero, ciencia e educación.

Premio UVIGUALA da Universidade de Vigo, 2017

Entre as súas publicacións pódense citar:

  • Unha excepción no discurso ilustrado da filosofía da ciencia sobre o xénero: Sarmiento (1695-1772)”, 2000

  • Gender and Science in Teaching, Teacher Training and Research”. In Bicentenary of the invention of the Battery by Alessandro Volta, Pavia, 2001

  • Las científicas y su historia en el aula, Ed. Síntesis, Madrid, 2003

  • Mujeres en ciencia nuclear”. Revista Tecné Epistemé y Didaxis. Universidad de Bogotá, 2007

  • ¿La tecnociencia al servicio de la igualdad?” Congreso Internacional SARE Innovación para la igualdad en la innovación. EMAKUNDE. San Sebastián, 2010

  • Tecnociencia, desarrollo, y género: factores psicosociales y educativos que influyen en la elección de estudios de ingeniería. UNESCO. Buenos Aires, 2013.

  • Educación, tecnociencia, xénero e desenvolvemento sostible”. III Xornada Universitaria Galega en Xénero, UVIGO; USC: UdC, Vigo, 2015

  • Educación para la Sustentabilidad: Cambio Global y Acidificación Oceánica”. Formación Universitaria Vol. 10 Nº 2 – 2017