Iria Da Cuña Carrera

Iria Da Cuña Carrera

Iria Da Cuña Carrera

É Graduada en Fisioterapia pola Universidade de A Coruña e Doutora en Ciencias da Saúde pola Universidade de Málaga. Traballa como profesora na Facultade de Fisioterapia na Universidade de Vigo dende o ano 2010. Conta cunha extensa formación en fisioterapia uroxinecolóxica, drenaxe linfático e fisioterapia respiratoria. A súa produción científica abrangue dende publicacións en forma de comunicación en congresos e capítulos de libro relacionados coa fisioterapia e coa docencia e a publicación de artigos científicos en revistas de carácter científico nacional e internacional.

As súas liñas de investigación actuais contemplan as áreas de fisioterapia na uroxinecoloxía.